O CCU

Un Centro Comercial Urbano o Centro Comercial Aberto é “unha agrupación dun número indeterminado de establecementos comerciais independentes que se atopan ubicados nas rúas urbanas dun espacio concreto cunha tradición comercial na zona (habitualmente nos cascos históricos das cidades), que están vinculados a través dunha sociedade xurídica e cunha xestión externa común, cun criterio de unidade e imaxen propia permanente.

A constitución do Centro Comercial Urbano Zona Monumental como Asociación profesional tivo lugar no ano 2003 tras 3 anos de traballo e preparación realizados polo Seminario de Estudios Socioeconómicos de Pontevedra Carlos Velasco. Sen embargo, o punto inicial de partida data da década dos 90, cando o comercio en España, especialmente o ubicado nos cascos históricos, resintese pola falta de continuidade dos negocios familiares e a falta de innovación nos establecementos que fai perigrar as vendas e con elas, o seu futuro.

Un grupo de comerciantes crean, en 1989, A Asociación Área Comercial Zona Monumental coa finalidade de impulsar cambios importantes na atención ó cliente e xestión dos seus establecmentos, entre as que incluían a dinamización da rúa e recuperación da vida social das prazas e entramado urbano do casco histórico. O seu liderazgo, o seu programa de actividades culturais, o seu empeño constructivo e a súa capacidade de liderar melloras no sector comercial sentaron as bases dunha revitalización económico-comercial que devolveu ó casco histórico de Pontevedra o seu papel na historia: paso obrigado de rutas comerciais, como el paso portugués, a Ruta Xacobea-Portuguesa no seu camiño a Santiago de Compostela e por desenrolarse actividades gremiais que deron nomes a prazas e rúas que aínda hoxe en día manteñen.