Accesos

Para aqueles visitantes que opten utilizar os servizos de transporte público, ben autobús, tren ou taxi, informámoslle que desde as estacións de autobús e tren ata o casco histórico disfrutará dun agradable paseo de 15 minutos aproximadamente por o ensanche da cidade. A continuación sinalámoslles as paradas de taxis máis próximas e informámoslles que nas proximidades do Mercado de Abastos (parada de taxis máis próxima ó río) hai unha parada de autobuses con chegadas/destinos urbanos (Monteporreiro) e periurbanos (Alba-Lérez) así como dos municipios de Barro e Caldas.