BASES DA CAMPAÑA “VOLTA O COLE”
1- OBXECTO
A Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental (CCU Zona Monumental), con CIF: G-36.449.148, e domicilio social na Rúa Serra nº 1 baixo de Pontevedra, desenvolverá dende o 1 ao 15 de SETEMBRO do 2020, ambos inclusive, a campaña “VOLTA O COLE”. Esta campaña pretende premiar a fidelidade dos clientes, transmitíndolle aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras nos establecementos asociados, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios.
2- AMBITO DA PROMOCION
Esta promoción terá o seu ámbito nos establecementos comerciais e demais empresas integradas na asociación, sempre e cando os mesmos se atopen abertos ao publico e en normal funcionamento durante o período indicado.
As bases estarán dispoñibles na paxina web da asociación: www.ccuzonamonumental.es
3- PREMIOS
Haberá 10 premios: 10 tablets APPEL IPAD DE 32 GB de 10,2”.
(So será valido un premio por persoa. O premio non poderá ser substituído por outro premio equivalente nin polo seu valor en metálico)
4- DEREITO A PARTICIPAR E ACCESO A PROMOCION
Tratase dunha promoción dirixida aos clientes-consumidores das empresas asociadas participantes. Pode participar calquera persoa física que realice algunha compra ou servizo no comercio ou empresa asociada durante o período de vixencia da promoción.
Repartiranse entre todos os establecementos participantes 10.000 papeletas. A presente promoción farase con igualdade de oportunidades e con estrito respecto ás normas básicas da boa fe. Por elo, calquera utilización abusiva ou fraudulenta destas bases dará lugar á conseguinte exclusión do participante na promoción. NON PODEN PARTICIPAR NA CAMPAÑA OS PROPIETARIOS DOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS, ASI COMO TAMPOUCO SE ADMITIRÁN BOLETOS DOS SEUS EMPREGADOS OU FAMILIARES DIRECTOS, SELADOS NO SEU ESTABLECEMENTO.
Todos os datos introducidos polos participantes nas papeletas deberán ser veraces. No suposto de que o participante complementase os mesmos con datos falsos ou utilizara de xeito inadecuado, non se terá en conta e quedará excluído da promoción e da posibilidade de optar a premio algún.
As papeletas entregaranse na oficina da asociación antes das 12 h do día 17 de setembro (en horario de mañá) ou ben os clientes poden deixalas nos mesmos establecementos e o persoal da asociación pasaremos a recollelas ( neste caso rogamos chamen a oficina para que pasemos a recollelas).
O SORTEO REALIZARASE O DIA 17 de SETEMBRO AS 13 H NA SEDE DA ASOCIACION. (Rúa Serra nº 1 baixo- 36002 Pontevedra)
TODALAS PAPELETAS DEBERAN VIR OBRIGATORIAMENTE SELADAS POLO ESTABLECEMENTO. AQUELAS PAPELETAS QUE NON VEÑAN SELADAS NON PARTICIPARAN NO SORTEO.
5- ENTREGA E ACEPTACION DOS PREMIOS
O CCU ZONA MONUMENTAL, porase en contacto cos gañadores no numero de telefono facilitado na papeleta a partir das 13.15 h do dia no que se efectuara o sorteo.
Para elo realizaranse dous intentos de comunicación telefónica. Unha vez contactado o gañador deberá confirmar a súa aceptación do premio. No suposto de que o gañador non aceptara o premio nas condicións e prazos establecidos, pasarase a identificar aos suplentes por orden, seguindo idéntico proceso. De resultar infrutuoso o intento, o premio quedará deserto. Os premios poderanse recoller na oficina da asociación. No suposto de que non puidese acudir o gañador poderá recoller o premio calquera outra persoa presentando o DNI do gañador. No caso de non acudir enténdese que renuncia ao premio.
6-LIMITACIONS PARA PARTICIPAR
CCU Zona Monumental resérvase o dereito, se concorre causa xusta e previa comunicación de xeito legal, a efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar esta promoción. A simple participación implica a aceptación das bases na súa totalidade, polo que a manifestación no sentido da non aceptación das mesmas, implicara a exclusión do participante e, como consecuencia, CCU Zona Monumental, quedará liberada do cumprimento da obriga contraída con dito participante.
Así mesmo, se a persoa que figura na papeleta gañadora fose un menor, poderá representalo os seus pais ou titor legal.
7-EXONERACION DE RESPONSABILIDADES
CCU Zona Monumental non se responsabiliza do uso que do premio realice o agraciado e non será responsable dos servizos nin produtos que terceiras empresas deban prestar con motivo do premio desta promoción.
CCU Zona Monumental non será responsable si ao tratar de contactar con telefono do gañador están fora de servizo.
TRATAMENTO DOS DATOS DE CARACTER PERSOAL
A efectos de dar cumprimento a L.O.15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal, CCU Zona Monumental informa que os datos proporcionados polos participantes na campaña poderán ser incorporados a un ficheiro automatizado, denominado PROMOCIONS, CAMPAÑA E SORTEOS responsabilidade da entidade, coa finalidade de xestionar a súa participación na presente promoción así como poder informarlle por calquera medio sobre produtos, promocións ou servizos, así como para o uso interno dos mesmos e o envío de comunicacións relativos aos aspectos anteriores.
Os participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación escrita vía e-mail a info@ccuzonamonumental.es ou enviado ao enderezo Rúa Serra nº 1 baixo 36002 Pontevedra.
CCU Zona Monumental adoptará as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, perdida, tratamento ou acceso non autorizado.
8- ACEPTACION DAS BASES
A participación na presente promoción supón a aceptación integra das presentes bases.
Pontevedra, 1 de setembro de 2020