Un ano mais, coa colaboracion do Concello, o CCU Zona Monumental organiza Pontenadal a “feira de artesanía e agasallo”, co fin de achegar os pontevedreses os agasallos mais orixinais. Este ano “As nadaladas do Teucro – Pontenadal, feira de artesania e agasallo”, abriu as súas portas o público o venres 20 de decembro, e permanecerá aberta ata o 5 de xaneiro todos os días en horario de 11 a 14 h e de 17 h a 21.30 h, - agás o día de Nadal e o de Ano Novo que estara pechada todo o dia.
Nesta edición contamos con 32 stands, nos cales podemos atopar coiro, pel, cerámica, pintura, téxtil, prata, produtos apícolas, complementos, xoguetes de madeira, artesania en olivo, cervexa artesan, arte en cristal, e un sen fin de agasallos para este Nadal.