Este ano conmemórase o 75 aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura esencial da cultura galega e persoa moi vinculada a Pontevedra, cidade na que viviu, traballou e deixou unha fonda pegada.
Con motivo desta efeméride, desde o Centro Comercial Urbano Zona Monumental queremos renderlle unha pequena homenaxe, e ao mesmo tempo agradecer a fidelidade da nosa clientela. Por iso, poñemos en marcha unha nova campaña na que agasallaremos libretas conmemorativas polas compras realizadas do 27 ó 31 de outubro nos establecementos asociados.
As libretas entregaranse ata esgotar existencias, polo que convidamos a todas as persoas a participar e apoiar o comercio local aproveitando esta iniciativa especial.
Unha maneira sinxela e simbólica de celebrar a memoria de Castelao e de seguir facendo cidade, mercando no noso Casco Histórico.
Campaña cofinanciada pola Xunta de Galicia