Novas

BASES DO SORTEO “LECTURAS PARA MEDRAR”

20/10/2025
Gabinete de Comunicación

Do 20 ao 25 de outubro, a túa compra ten premio: participa no sorteo dun vale de 50 € para mercar libros infantís ou xuvenís na Libraría El Pueblo. Además as primeiras compras levaran un regalo seguro

1. OBXECTO

A Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental desenvolverá do 20 ao 25 de outubro de 2025, ambos inclusive, a campaña “LECTURAS PARA MEDRAR”.
Esta acción ten como obxectivo fomentar as compras no comercio local e promover a lectura entre o público infantil e xuvenil, premiando a clientela coa posibilidade de obter un vale de 50 € para mercar libros infantís ou xuvenís na libraría El Pueblo, nunha única compra. Ademais as primeiras compras levarán unha caixa de lápis de cores (ata esgotar existencias)

2. ÁMBITO DA PROMOCIÓN

A promoción levarase a cabo nos establecementos comerciais integrados na Asociación que participen voluntariamente, sempre que estean abertos ao público e en funcionamento normal durante o período indicado.

3. PREMIO

Un vale de 50 € para mercar libros infantís ou xuvenís na libraría El Pueblo, nunha única compra.
O premio non poderá trocarse por diñeiro nin por outro produto.
A recollida do premio deberá realizarse antes do 15 de novembro de 2025, no lugar que se comunicará á persoa gañadora.

4. DEREITO A PARTICIPAR E ACCESO Á PROMOCIÓN

Poderá participar calquera persoa física maior de idade que realice unha compra nun establecemento asociado durante o período da campaña.
A participación realizarase mediante papeletas dispoñibles nos comercios adheridos, que deberán completarse cos datos solicitados.

5. SORTEO

O sorteo celebrarase o 27 de outubro de 2025 .
Contactarase coa persoa gañadora mediante o número de teléfono indicado na papeleta.
Realizaranse tres intentos de chamada. Se a persoa gañadora non acepta o premio nas condicións e prazos establecidos ou non pode ser localizada, contactarase cos suplentes por orde, seguindo o mesmo proceso.
Se non se logra localizar a ningunha persoa gañadora, o premio quedará deserto.

6. ENTREGA DO PREMIO

O premio poderá recollerse persoalmente ou mediante representante que presente o DNI da persoa gañadora.
A non recollida do premio dentro do prazo establecido implicará a renuncia ao mesmo.

7. CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE

As persoas gañadoras autorizan á Asociación a reproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos e imaxe en calquera actividade publicitaria ou promocional relacionada con esta campaña, en calquera medio, sen que isto supoña dereito a remuneración ou beneficio, salvo a entrega do premio.
Esta cesión inclúe todos os dereitos de reprodución, transformación, distribución e comunicación pública sen limitación temporal nin territorial.

8. LIMITACIÓNS E MODIFICACIÓNS

A Asociación resérvase o dereito a modificar, suspender ou ampliar a promoción por causas xustificadas, comunicándoo previamente.

9. TRATAMENTO DE DATOS

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, a Asociación informa que os datos recollidos serán tratados para xestionar a participación nesta promoción.
As persoas participantes poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ou portabilidade mediante escrito a info@ccuzonamonumental.es ou na sede da Asociación.

10. ACEPTACIÓN DAS BASES

 

A participación nesta promoción implica a aceptación íntegra destas bases.