Novas

BASES DA CAMPAÑA ESTE NADAL MERCA NA ZONA MONUMENTAL

15/12/2020
Gabinete de Comunicación

BASES DA CAMPAÑA ESTE NADAL MERCA NA ZONA MONUMENTAL

 

 “ESTE NADAL MERCA NA ZONA MONUMENTAL” 

 

1)  OBXECTO

A Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental, desenvolverá dende o 15 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021, ambos inclusive, a Campaña  ESTE NADAL MERCA NA ZONA MONUMENTAL”. Esta Campaña pretende premiar a fidelidade dos clientes, transmitíndolle aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras nos establecementos participantes, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios.

 

2)  ÁMBITO DA PROMOCIÓN

Esta promoción terá o seu ámbito nos establecementos comerciais e demais empresas integradas na asociación, así como os non asociados que se inscribiron e aboaron os 20 € de custo para eles,  sempre e cando os mesmos se atopen abertos ao público e en normal funcionamento durante o período indicado.

As bases estarán dispoñibles na páxina web www.ccuzonamonumental.es

 

3)  PREMIOS:

Haberá diversos premios:

·         200 premios: 10 € para gastar nos establecementos participantes na campaña (consulta o listado en www.ccuzonamonumental.es) Estes 10 € serán despois aboados polo CCU Zona Monumental. Non serán validos para gastar no establecemento que selou o boleto.

·         500 “kit anticovid” (mascarilla + xel + portamascarilla) Poderá recoller o seu premio presentando este boleto na sede da asociación (Rúa Serra nº 1 baixo) de luns a venres de 11 h a 14h)

·         500 bolsas reutilizables:  Poderá recoller o seu premio presentando este boleto na sede da asociación (Rúa Serra nº 1 baixo) de luns a venres de 11 h a 14h)

  

·        Por outra banda, os boletos que non obteñan premio directo, poderanse cumprimentar co obxectivo de participar no sorteo que terá lugar o día 8 de xaneiro ás 13 horas de 10 vale compra de 20 € cada un.  

·                Os boletos con premio directo aportados pola asociación poderanse canxear de luns  a venres en horario de 11 h a 14 h na sede da Asociación (Rúa Serra Nº 1 baixo – Pontevedra), A entrega destes premios remata o VENRES 8 DE XANEIRO DE 2021 AS 14H. 

4)  DEREITO A PARTICIPAR E ACCESO Á PROMOCIÓN.

Trátase dunha promoción dirixida aos clientes-consumidores das empresas participantes. Pode participar calquera persoa física que realice algunha compra ou servizo no comercio ou empresa participante durante o período de vixencia da promoción.

Repartiranse entre todos os establecementos participantes 15.000 boletos. A presente promoción farase con igualdade de oportunidades e con estrito respecto ás normas básicas da boa fe. Por elo, calquera utilización abusiva ou fraudulenta destas Bases dará lugar á conseguinte exclusión do participante na promoción.

Todos os datos introducidos polos participantes nos boletos deberán ser veraces. No suposto de que o participante cumprimentase os mesmos con datos falsos ou utilizara de xeito inadecuado, non se  terá en conta e quedará excluído da promoción e da posibilidade de optar a premio algún. A constatación de calquera destas circunstancias suporá a descalificación automática do participante. No caso de constatar as citadas irregularidades con posterioridade á aceptación do premio, CCU Zona Monumental, resérvase o dereito a exercitar tódalas accións legais que lle asistan contra os infractores.

 

 

 

 

 

 

 

 

5)  ENTREGA E ACEPTACIÓN DOS PREMIOS SORTEO

CCU ZONA MONUMENTAL, porase en contacto cos gañadores dos 10 vales de 20€, a partir das 13.00 horas do día no que se efectuará o sorteo.

Para elo realizaranse dous intentos de comunicación telefónica. Unha vez contactado o gañador deberá confirmar por calquera medio (telefónico ou escrito) a súa aceptación do premio. No suposto de que o gañador non aceptara o premio nas condicións e prazos establecidos ou non puidera ser localizado mediante os datos facilitados, pasarase a identificar aos suplentes por orde, seguindo idéntico proceso. De resultar infrutuoso o intento, o premio quedará deserto.

Ningún dos premios da presente promoción poderá ser obxecto de cambio, alteración, compensación o cesión a petición dos gañadores.  

 

6)  LIMITACIÓNS PARA PARTICIPAR

CCU Zona Monumental resérvase o dereito, se concorre causa xusta e previa comunicación de xeito legal, a efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar esta promoción. A simple participación implica a aceptación destas Bases na súa totalidade, polo que a manifestación, no sentido da non aceptación das mesmas, implicará a exclusión do participante e, como consecuencia, CCU Zona Monumental, quedará liberada do cumprimento da obriga contraída con dito participante.

Así mesmo, os participantes comprométense a admitir a decisión interpretativa que CCU Zona Monumental poida darlle sobre as  presentes bases ou sobre calquera cuestión derivada da promoción contemplada nestas.

Así mesmo, se a persoa que figura no boleto gañador fose un menor, poderá representalo os seus pais ou titor legal.

 

7)  EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADES

·        CCU Zona Monumental non se responsabiliza do uso que do premio realice o agraciado e non será responsable dos servizos nin produtos que terceiras empresas deban prestar con motivo do premio desta promoción.

·        CCU Zona Monumental non será responsable si ao tratar de contactar co teléfono do gañador ou o seu correo electrónico están fóra de servizo ou non o reciben axeitadamente.

 

8)  DEREITOS E DEBERES DE PARTICIPANTES E GAÑADORES. REPERCUSIÓN FISCAL

CCU Zona Monumental non se fará cargo dos impostos derivados da entrega dos premios, salvo aqueles que por lei lle correspondan satisfacer, e, no seu caso, practicará o ingreso a conta ou a retención que poida corresponderlle en virtude da lexislación aplicable.

 

·        De conformidade coa normativa do IRPF os premios desta promoción estarán suxeitos á normativa fiscal en vigor en cada momento, actualmente a Lei 35/2006, de 28 de novembro do IRPF e o Real Decreto 439/2007, de 30 de marzo polo que se aproba o Regulamento do IRPF.

Neste marco legal, establécese que os premios derivados da participación en xogos, concursos, rifas, ou combinacións ao azar vencelladas á venda e promoción de bens e servizos están

suxeitos ao ingreso a conta sempre e cando a base de retención ou ingreso á conta do premios sexa superior a 300 €.

 

·        CCU Zona Monumental queda relevado de calquera responsabilidade relativa ás obrigas fiscais que para  o agraciado puideran derivarse da obtención do premio.

TRATAMENTO DOS DATOS DE CARACTER PERSOAL

Os datos recollidos non se incorporarán a ningún ficheiro, destruíndose os boletos unha vez que remate a campaña

 

CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE

Os gañadores desta promoción autorizan a CCU Zona Monumental a reproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos, enderezo e imaxe en calquera actividade publicitaria e/ou promocional que esté relacionada con esta promoción, todo elo en calquera medio e sen que ditas actividades lles confira dereito de remuneración ou  beneficio algún coa excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases. A cesión inclúe todos os dereitos de reprodución, transformación, distribución e comunicación pública da gravación ou imaxes captadas, sen limitación de tempo nin territorio.

 

9)     ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación na presente promoción supón a aceptación integra das presentes bases e a sumisión expresa das decisións interpretativas que das mesmas efectúe CCU Zona Monumental. No caso de diverxencia entre os participantes na promoción e a interpretación das presentes bases por CCU Zona Monumental, serán competentes para coñecer dos litixios que poidan plantexarse os Xulgados e Tribunais de Pontevedra, renunciando expresamente os participantes desta promoción ao seu propio fuero, de resultar distinto ao aquí pactado.

En Pontevedra,  a 14 de decembro de 2020