Novas

GRAN FESTA VOLTA AO COLA NA ZONA MONUMENTAL

04/09/2026
Gabinete de Comunicación

O mércores 9 de setembro, a Zona Monumental de Pontevedra énchese de actividades gratuítas para celebrar a volta ao cole con toda a familia.

A Zona Monumental prepárase para dar a benvida ao novo curso cunha tarde chea de diversión para os máis pequenos da casa. 

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental organiza o vindeiro mércores 9 de setembro, de 16:30 a 20:30 horas, a Gran Festa Volta ao Cole, unha celebración con actividades gratuítas repartidas por diferentes prazas e rúas do centro histórico de Pontevedra.

Durante a tarde, os nenos e nenas poderán participar en diferentes propostas pensadas para todas as idades:

  • 📍 Praza Valentín García Escudero: obradoiro de chapas e obradoiro de pulseiras.
  • 📍 Praza Méndez Núñez: pintacaras, bebeteca, contacontos e actividades musicais.
  • 📍 Praza Curros Enríquez: rocódromo e mural graffiti.
  • 📍 Rúa Serra: inchables para nenos e nenas de 3 a 5 anos e de 6 a 12 anos.
  • 📍 Rúa César Boente: Decora o teu puzzle.

E, para poñer o broche de ouro á xornada, ás 19:30 horas celebrarase a Gran Festa da Escuma na Praza da Pedrería, un dos momentos máis agardados polos nenos e nenas.

A participación nas actividades será gratuíta, ensinando un ticket de compra realizado nos comercios da Zona Monumental.

Ademais, no marco desta campaña, realizarase un sorteo de dous premios de 50 € en vales de compra para material escolar, como unha pequena axuda para afrontar a volta ás aulas. Próximamente daranse a coñecer todos os detalles e condicións de participación.

A iniciativa está cofinanciada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra.

 

Con esta celebración, o CCU Zona Monumental quere converter o inicio do curso nunha ocasión para desfrutar en familia, dinamizando as rúas e prazas do centro histórico e apoiando, ao mesmo tempo, o comercio de proximidade.