Novas

XA É VERÁN NAS GALERÍAS OLIVA

17/06/2026
Gabinete de Comunicación

As Galerías Oliva celebran a chegada do verán cunha semana de actividades, premios e animación comercial para toda a familia, vinculada ás compras realizadas nos establecementos participantes.

Do 20 ao 27 de xuño, as Galerías Oliva encheranse de actividade coa campaña “Xa é Verán nas Galerías Oliva”, unha iniciativa impulsada polo CCU Zona Monumental e Galerías Oliva para celebrar a chegada do verán e dinamizar a actividade comercial deste emblemático espazo da cidade.

Durante toda a semana, os clientes que realicen compras nos establecementos participantes poderán acceder a diferentes actividades presentando os seus tickets de compra.

A programación inclúe unha ampla variedade de propostas para todos os públicos, entre as que destacan a ruleta de premios con vales de compra, un divertido concurso Masterchef, un desfile de perruquería, actuacións e clases de baile, actividades de danza oriental e ioga, así como unha degustación de cafés e chocolates do mundo. Ademais, celebrarase a presentación do libro Los ojos a través del caos, de Marta Abal.

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia.