O CCU Zona Monumental celebrará o vindeiro 19 de xuño a súa tradicional Festa Fin de Cole, unha tarde chea de actividades gratuítas para que os máis pequenos da casa poidan despedir o curso escolar divertíndose no casco histórico de Pontevedra.
As actividades desenvolveranse entre as 16.30 h e as 20.30 h en diferentes espazos da Zona Monumental:
• Praza Valentín García Escudero: obradoiro de mandís
• Praza Méndez Núñez: contacontos, actividades musicais, pintacaras e bebeteca.
• Rúa César Boente: obradoiro.
• Rúa Serra: inchables para nenos e nenas de diferentes idades.
• Praza de Curros Enríquez: rocódromo e actividade de graffiti.
Como broche final á xornada, ás 19.30 h celebrarase a tradicional Gran Festa da Escuma na Praza da Pedreira, unha das actividades máis agardadas polos participantes cada ano.
A participación será gratuíta, sendo necesario presentar un ticket de compra realizado nalgún dos establecementos asociados á Zona Monumental.
Con esta iniciativa, o CCU Zona Monumental quere agradecer a confianza das familias que apostan polo comercio local e ofrecer unha tarde de lecer e diversión para celebrar a chegada das vacacións de verán.