Novas

RECEPCIÓN DE PAPÁ NOEL E OBRADOIROS DE NADAL

10/12/2025
Gabinete de Comunicación

O CCU Zona Monumental recibe a Papá Noel cunha xornada máxica no Mercado de Abastos

O vindeiro mércores 24 de decembro, o CCU Zona Monumental de Pontevedra convida ás familias a vivir unha mañá chea de ilusión coa Recepción de Papá Noel e obradoiros infantís, unha actividade pensada para achegar o Nadal ao comercio local.

Entre as 12:00 e as 14:00 horas, Papá Noel instalarase no primeiro andar do Mercado de Abastos de Pontevedra, onde recibirá a todos os nenos e nenas que queiran entregarlle persoalmente a súa carta e compartir un momento especial con el.

Ademais, durante toda a mañá, desenvolverase un obradoiro de Nadal para os máis pequenos, unha actividade totalmente gratuíta para as familias que presenten un ticket de compra dun comercio asociado ao CCU Zona Monumental, fomentando así o consumo no comercio de proximidade nestas datas tan sinaladas.

Esta iniciativa forma parte das accións de dinamización comercial do CCU Zona Monumental, co obxectivo de crear experiencias familiares, atraer público ao centro urbano e apoiar o comercio local durante a campaña de Nadal.

 

Organiza: CCU Zona Monumental
Cofinancia: Xunta de Galicia