BASES SORTEO DE NADAL – PRAZA DE ABASTOS
1. OBXECTO
Se desenvolverá do 14 de novembro ao 19 de decembro de 2025, ambos inclusive, a campaña “NADAL NA NOSA PRAZA”.
Esta campaña ten como obxectivo premiar a fidelidade da clientela, ofrecendo un atractivo promocional que incentive a realización de compras nos postos da Praza de Abastos, coa posibilidade de obter un dos premios sorteados.
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia.
2. ÁMBITO DA PROMOCIÓN
A promoción levarase a cabo nos postos da Praza de Abastos de Pontevedra integrados na Asociación que participen voluntariamente, sempre que estean abertos ao público e en funcionamento normal durante o período indicado.
3. PREMIO
Sortearanse os seguintes premios:
O premio non poderá trocarse por diñeiro nin por outro produto.
A recollida do premio deberá realizarse antes do 27 de decembro de 2025, no lugar que se comunicará ás persoas gañadoras.
4. DEREITO A PARTICIPAR E ACCESO Á PROMOCIÓN
Poderá participar calquera persoa física maior de idade que realice unha compra nun posto da Praza de Abastos durante o período da campaña.
A participación realizarase mediante papeletas dispoñibles nos postos adheridos, que deberán completarse cos datos solicitados.
Só participarán as papeletas entregadas na urna situada na Praza de Abastos.
5. SORTEO
O sorteo celebrarase o 20 de decembro de 2025 na Praza de Abastos.
Contactarase coas persoas gañadoras mediante o número de teléfono indicado na papeleta.
Realizaranse tres intentos de chamada. Se a persoa gañadora non acepta o premio nas condicións e prazos establecidos ou non pode ser localizada, contactarase cos suplentes por orde, seguindo o mesmo proceso.
Se non se logra localizar a ningunha persoa gañadora, o premio quedará deserto.
6. ENTREGA DO PREMIO
O premio poderá recollerse persoalmente ou mediante representante que presente o DNI da persoa gañadora.
A non recollida do premio dentro do prazo establecido implicará a renuncia ao mesmo.
7. CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
As persoas gañadoras autorizan á Asociación a reproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos e imaxe en calquera actividade publicitaria ou promocional relacionada con esta campaña, en calquera medio, sen que isto supoña dereito a remuneración ou beneficio, salvo a entrega do premio.
Esta cesión inclúe todos os dereitos de reprodución, transformación, distribución e comunicación pública sen limitación temporal nin territorial.
8. LIMITACIÓNS E MODIFICACIÓNS
A Asociación resérvase o dereito a modificar, suspender ou ampliar a promoción por causas xustificadas, comunicándoo previamente.
9. TRATAMENTO DE DATOS
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, a Asociación informa que os datos recollidos serán tratados para xestionar a participación nesta promoción.
As persoas participantes poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ou portabilidade mediante escrito a info@ccuzonamonumental.es ou na sede da Asociación.
10. ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación nesta promoción implica a aceptación íntegra destas bases.