A Praza de Méndez Núñez énchese de festa este sábado co “Imos de Troula”
Este sábado 18 de outubro, a Praza de Méndez Núñez converterase nun gran espazo de encontro, música e diversión coa celebración do “Imos de Troula”, unha xornada pensada para gozar en familia e dinamizar o comercio local da Zona Monumental.
A partir das 12:00 horas, os máis pequenos da casa serán os protagonistas co concerto infantil de Dani Barreiro, que fará vibrar a praza cun repertorio cheo de ritmo.
Pola tarde, a partir das 17:00 horas, será a quenda dos obradoiros infantís, onde nenas e nenos poderán dar renda solta á súa creatividade. A xornada culminará ás 19:00 horas co concerto de DESCONCERTO que porá o broche final a un día cheo de música, sorrisos e ambiente festivo.
A participación é totalmente gratuíta presentando un ticket de compra dos comercios da Zona Monumental, unha forma sinxela de premiar ás persoas que apoian o comercio de proximidade.