BASES SORTEO DO MERCADO
1. OBXECTO
A Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental desenvolverá do 7 ao 13 de outubro de 2025, ambos inclusive, a campaña “SABORES DA NOSA PRAZA”.
Esta campaña ten como obxectivo premiar a fidelidade da clientela, ofrecendo un atractivo promocional que incentive a realización de compras nos establecementos asociados, coa posibilidade de obter un premio de 60 € en vales de compra.
2. ÁMBITO DA PROMOCIÓN
A promoción levarase a cabo nos establecementos comerciais integrados na Asociación que participen voluntariamente, sempre que estean abertos ao público e en funcionamento normal durante o período indicado.
3. PREMIO
-
Seis vales de 10 € para gastar na Praza de Abastos.
-
O premio non poderá trocarse por diñeiro nin por outro produto.
-
A recollida do premio deberá realizarse antes do 20 de outubro de 2025, no lugar que se comunicará á persoa gañadora.
4. DEREITO A PARTICIPAR E ACCESO Á PROMOCIÓN
-
Poderá participar calquera persoa física maior de idade que realice unha compra nun establecemento asociado durante o período da campaña.
-
A participación realizarase mediante papeletas dispoñibles nos comercios adheridos, que deberán completarse cos datos solicitados.
-
Só participarán as papeletas entregadas na urna situada na Praza de Abastos.
5. SORTEO
-
O sorteo celebrarase o 14 de outubro de 2025 ás 14:00 h na Praza de Abastos.
-
Contactarase coa persoa gañadora mediante o número de teléfono indicado na papeleta.
-
Realizaranse tres intentos de chamada. Se a persoa gañadora non acepta o premio nas condicións e prazos establecidos ou non pode ser localizada, contactarase cos suplentes por orde, seguindo o mesmo proceso.
-
Se non se logra localizar a ningunha persoa gañadora, o premio quedará deserto.
6. ENTREGA DO PREMIO
7. CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
As persoas gañadoras autorizan á Asociación a reproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos e imaxe en calquera actividade publicitaria ou promocional relacionada con esta campaña, en calquera medio, sen que isto supoña dereito a remuneración ou beneficio, salvo a entrega do premio.
Esta cesión inclúe todos os dereitos de reprodución, transformación, distribución e comunicación pública sen limitación temporal nin territorial.
8. LIMITACIÓNS E MODIFICACIÓNS
A Asociación resérvase o dereito a modificar, suspender ou ampliar a promoción por causas xustificadas, comunicándoo previamente.
9. TRATAMENTO DE DATOS
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, a Asociación informa que os datos recollidos serán tratados para xestionar a participación nesta promoción.
As persoas participantes poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ou portabilidade mediante escrito a info@ccuzonamonumental.es ou na sede da Asociación.
10. ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación nesta promoción implica a aceptación íntegra destas bases.