Despois de dous anos de parón, xa que a pandemia impediu a súa celebración en 2020 e 2021, coa colaboracion do Concello, o CCU Zona Monumental volve a organizar Pontenadal a “feira de artesanía e agasallo”, co fin de achegar os pontevedreses os agasallos mais orixinais.
Este ano “Pontenadal, feira de artesania e agasallo”, cambia a súa ubicación, instalandose na Praza de España. Abrirá as súas portas o público o vindeiro venres 16 de decembro as 17 h, e permanecerá aberta ata o 5 de xaneiro todos os días en horario de 11 a 14 h e de 17 h a 21.30 h, - agás o día de Nadal e o de Ano Novo que estara pechada todo o dia.
Nesta edición contamos con 24 stands, nos cales podemos atopar coiro, pel, cerámica, pintura, téxtil, prata, complementos, madeira, artesania en olivo, cervexa artesan e un sen fin de agasallos para este Nadal.
O igual que en anteriores edicións, tamén contamos coa participación de varias ONGs: Asociación Alba e Amencer Aspace.
O número de expositores é algo inferior as edicións anteriores, xa que o espezo é mais pequeño.
Nesta XX edición case todos os expositores son da provincia de Pontevedra (Concello de Pontevedra, Poio, Vigo, Cangas, Bueu, Marín, O Grove e A Coruña)